Surfing the Lérez: surf-rock entre cancodrilos e gastronomía galega
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
"Seguro que vendrán más de mil personas. Pero con mil ya estaríamos satisfechos". Así fala Marcos Rivas, o promotor de Surfing the Lérez, o festival de música ao aire libre que se apodera este sábado da Illa dás Esculturas.
Dende as doce do mediodía, arredor de cincuenta persoas móvense entre os dous escenarios e os postos de venda de Portal 48. Son voluntarios e traballadores que se manteñen atentos a que non suceda ningún imprevisto. Gold & Colt abren a xornada de concertos nun dos escenarios. "Son muy buenos y son mis amigos" di Marcos Rivas, entre risas, mentres apunta que "aunque Arizona Baby y los Tiki Phantoms son los cabeza de cartel, todos los grupos son muy interesantes". Niño y Pistola, Holywater, Los Tupper, Thee Blind Crows, Gonzalo Arca, Querido Extraño, varios dj's e Tractor Troy con Gonzalo Maceira, autor da banda sonora do Festival, van rotando polos dous espazos de concertos. Pero o festival ofrece máis. Durante toda a xornada se desenvolven obradoiros creativos que van dende a fotografía ao debuxo de graffitis.
ÿ a terceira edición dun festival que xurdiu na sala Karma "hace dos años con conciertos de surf instrumental que dieron lugar al nombre", di Marcos. A edición de 2012 desenvolveuse de bar en bar durante o día convertendo bares de noite en bares de día con concertos no cruceiro das cinco rúas e nas escaleiras do Museo, cunha romaría urbana, para rematar na sala Karma. "Las expectativas creadas después de aquellas experiencias fueron increíbles", afirma el promotor y "comenzamos a montar esto en un lugar impresionante".
Entre as tendas de venda de produtos artesanais, unha moza transporta o crocodilo de plástico do vídeo promocional que suma xa 100.000 visitas. E é que o tirón publicitario resultou todo un éxito "los chicos de Producciones Mutantes y Portal 48 pensamos en hacer algo tipo peli de serie B y salió algo divertido. Ninguno somo actores pero muchos de ellos lo hicieron como si lo fueran". As compras no Festival teñen que realizarse coa moeda oficial, o "cancodrilo" que se cambia por euros na mesma zona de venda.
Marcos Rivas admite que, neste sábado, coinciden varios eventos similares como o Salcedo Rock pero cre que esa suma de festivais axuda a cultivar unha cultura festivalera: "es buenísimo. Hay que crear tendencia a que a la gente le guste la música en directo de día, con gastronomía, con puestos de venta... La gente necesita divertirse. Vienen aquí, ven, se entretienen y se olvidan de los problemas diarios. Es lo que se necesita y además es de acceso gratuito".
E tras esta terceira edición, o promotor comezará a organizar un festival de inverno e de garaxe "pero va a ser algo totalmente distinto. Y se va a hacer si la gente quiere que se haga. Con eso ya digo mucho". Mentres, ao fondo, comezan a escoitarse os primeiros acordes dos Niño y Pistola. ÿ tempo de música en vivo e entre esculturas.