Roi Méndez (OT) tamén se suma ao cartel do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño
Continúa o goteo de artistas que se incorporan aos concertos que se incluirán na primeira edición do Maestral Music Festival de Sanxenxo, que se celebrará entre os días 3 e 23 de agosto. O último nome en desvelarse foi o do galego Roi Méndez, un dos cantantes saídos do exitoso programa de televisión Operación Triunfo.
Roi Méndez, cuxo carisma atrapou ao público en OT 2017, actuará en Sanxenxo o xoves 15 de agosto, segundo confirmaron os organizadores do festival.
Aos seus 24 anos, este novo artista presentará en directo os temas incluídos Mi lógico desorden, o seu primeiro disco en solitario.
Con influencias como Police, The Beatles, Bryan Adams ou Bruno Mars, este mozo compostelán promete dar guerra no panorama pop español, achegando un toque de frescura e a súa peculiar desenvoltura aos escenarios.
Guitarrista e cantante, Roi Méndez comezou a súa carreira musical nunha das mellores orquestras de Galicia ata que a súa gran oportunidade chegou coa súa entrada na academia de Operación Triunfo. Quedou en sétima posición da edición 2017 deste concurso.
O de Roi Méndez súmase a todos os concertos anunciados previamente, entre eles, os de Aitana, Raimundo Amador, Alfred García, Hombres G, Pablo López, Pastora Soler ou Vanesa Martín.
Relacionadas:
-
27 artistas nacionais e internacionais ofrecerán concertos no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Rulo y La Contrabanda, nova confirmación do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A organización de Maestral busca persoal para o desenvolvemento dos concertos de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Salvador Sobral actuará no Maestral Music Festival de Sanxenxo o 17 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción |
-
O Maestral Music Festival mira de novo a OT: Aitana actuará en Sanxenxo o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Alfred García tamén estará no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo López, Vanesa Martín e Pastora Soler, á fronte dun novo festival en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |