Sábado a ritmo de tango no Teatro Principal
Por Diego Torrado
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este sábado un concerto do quinteto de tangos Tangata, formado por Artigas Anelo, David Veiga, Alberto Vilas, Gustavo Barcia e o arxentino Enrique Migliarini, unha actuación a ritmo de tango na que se rodearon de artistas como Uxía Senlle e o o actor e cantante Eduardo R. Cunha, coñecido como 'Tatán'.
'Tatán' fixo as veces de presentador nun concerto no que non faltaron as sorpresas e que serviu para celebrar as décadas sobre o escenario do quinteto e para presentar o seu último traballo, 'Que 30 anos no es nada'.