Pontevedra goza dunha boa dose de música en galego cun novo Galegote Rock
Por Redacción & Mónica Patxot
Accidentado. Así foi este ano o Galegote Rock, polo menos o seu final. Un problema eléctrico impediu que unha das actuacións máis esperadas desta edición, a de Terbutalina, puidese realizarse. Apenas tres cancións, cunha longa interrupción polo medio, foron as que puido escoitar o público pontevedrés.
Iso si, o resto do festival foi todo un éxito. A organización acertou co lugar elixido para esta ocasión, o parque das Palmeiras. Alí distribuíronse ata tres escenarios por onde, desde as cinco da tarde, pasaron as bandas Grilo, Chicharrón, Oh! Ayatollah e Malandrómeda.
A música e o bo ambiente foi a tónica predominante deste festival que, ademais deste espazo urbano, ocupou parte do centro histórico durante a xornada matinal.
Así, a música comezou a soar ao mediodía cun concerto de Marcelo Dobode no Campiño de Santa María. Ao artista galego relevárono as seis bandas do programa Xeración Sónica, formadas por adolescentes de 12 a 16 anos.
A oferta matinal completouse cun concerto de Pantis na rúa Sor Lucía e coa sesión DJ de Manuele Caamagno á hora para comer na Praza de Méndez Núñez.
Relacionadas:
-
A Praza de Ourense acolle unha mostra recompilatoria da evolución musical: 'Cantámola en galego'
Por Redacción |
-
A incubadora de bandas de Pontevedra inicia a súa segunda edición con seis grupos
Por Manu Otero |
-
Xa está aquí o Galegote Rock, con tres días de música en galego por Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Galegote Rock 'invadirá' o parque das Palmeiras para presumir de música en galego
Por Alejandro Espiño |