O Maestral Music Festival mira de novo a OT: Aitana actuará en Sanxenxo o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño
Unha nova artista das últimas fornadas de Operación Triunfo súmase ao cartel do Maestral Music Festival. Primeiro foi Alfred o que confirmou a súa presenza nas Rías Baixas e agora foi a quenda de Aitana. A catalá, unha das 'triunfitas' con maior proxección, actuará en Sanxenxo o próximo 3 de agosto.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 28 euros, xa están á venda.
Aos seus case 19 anos, Aitana foi unha das gañadoras de OT 2017. A súa maneira de transmitir emocións e o seu carisma fixeron que obtivera o agarimo do público, e a súa inconfundible voz permitiulle gañar millóns de fans en España e no mundo.
Á súa saída da televisiva academia de OT, esta nova artista emprendeu unha meteórica carreira que, xunto con varios récords de vendas, levoulle a actuar en multitude de escenarios nacionais e internacionais.
Hai meses editou o seu primeiro EP, Tráiler, e en breve sacará ao mercado o seu primeiro álbum en solitario. Mentres tanto a súa xira Play Tour levaraa a partir do verán a todos os recunchos da península.
Aitana, segundo traslada a súa promotora, asegura que "estou a aprender e estou a gozar a cada paso". Leva meses traballando para compartir este espectáculo cun público, engade a artista, "que sinto tan próximo, que me apoia, con quen estou crecendo e que me empuxa a tentar cada día ser mellor".
O Maestral Music Festival ofrecerá unha vintena de concertos entre o 3 e o 23 de agosto. Entre os nomes xa confirmados, ademais de Aitana e Alfred, están tamén grandes nomes da música española como Pastora Soler, Vanesa Martín, Pablo López e Raimundo Amador.
Relacionadas:
-
27 artistas nacionais e internacionais ofrecerán concertos no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Rulo y La Contrabanda, nova confirmación do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A organización de Maestral busca persoal para o desenvolvemento dos concertos de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Salvador Sobral actuará no Maestral Music Festival de Sanxenxo o 17 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Roi Méndez (OT) tamén se suma ao cartel do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción |
-
Alfred García tamén estará no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo López, Vanesa Martín e Pastora Soler, á fronte dun novo festival en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |