O crocodilo Guyi-Guyi de Periferia Teatro sorprende os escolares
Por Nacho Fuentes & Redacción
O crocodilo Guyi- Guyi convertíase este martes nun elemento de referencia para os menores pertencentes aos centros escolares de Pontevedra que asistían en dobre sesión ao auditorio de Afundación.
No escenario, a compañía Periferia Teatro ofrecía un espectáculo de marionetas e de actores destinado a escolares de educación infantil, menores de entre 3 e 6 anos.
A historia conta a vida dun crocodilo que naceu entre unha familia de patos. A medida que crece compueba como outros crocodilos aliméntanse de parrulos e o protagonista da historia terá que saber como desenvolver esta situación.
Trátase dunha obra que adapta o conto 'O parruliño feo' e na que se tenta educar en valores promovendo a procura da identidade.
A montaxe recibiu o premio Feten 2010, o Dracs D'Or e na Fira de Títelles de Lleida 2010 obtiña o galardón á mellor interpretación. Volverá representarse o vindeiro venres 26 no mesmo escenario tamén en dobre sesión. Máis de 3.000 escolares verán este traballo no que se fomenta a tolerancia e o respecto.