O espectáculo 'Entresoños' da compañía Fran Sieira mesturará tradición e modernidade en Vilagarcía
Por Redacción
A danza regresa ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o sábado 13 de abril ás 21:00 horas, co espectáculo 'Entresoños', da compañía de Fran Sieira. Nesta montaxe de danza contemporánea, tradición e modernidade ofrecerán pezas de gran plasticidade e unha coidada escenografía.
As entradas xa están a venta a través de www.ticketea.com e da billeteira telefónica 911.982.284 ao prezo único de 5 euros (máis custes de xestión).
'Entresoños' é un espectáculo de baile e música tradicional galega presentado dende unha perspectiva actual. Os tres bailadores/cantadores que compoñen o elenco artístico sobre o escenario dan vida á obra que se sustenta sobre a música do compositor e músico multidisciplinar, Anxo Pintos, e as coreografías do bailarín contemporáneo e coreógrafo, David Vilariño.
O acceso será de balde (limitado a 65 localidades) para persoas desempregadas, estudantes e maiores de 65 anos, para o cal deberán acreditar a súa condición mostrando no control de acceso á sala da tarxeta desemprego, carné xóven ou D.N.I. para cada un dos casos respectivamente.
De non esgotarse as localidades na venta anticipada, tamén se porán á venda o día da función na billeteira do auditorio a partir das 19:00 horas.