Amaia Romero, de 'OT' ao festival PortAmérica
Por Alejandro Espiño
A nómina de artistas que actuarán no festival PortAmérica segue crecendo. E faino cun dos nomes que protagonizou o fenómeno fan o ano pasado: Amaia Romero, a gañadora de OT 2017, o talent musical emitido por TVE.
Así o desvelaron este luns os organizadores dun evento que encherá de música a carballeira de Caldas de Reis os días 4, 5 e 6 de xullo.
Xunto a Amaia Romero, PortAmérica confirmou a oito novas bandas e artistas que se suman ao cartel do festival. Trátase dos grupos españois Elefantes, todo un clásico da escena musical española, e El lado escuro de la broca; os colombianos Monsieur Periné e Trapical Minds ou os arxentinos Los Espíritus.
O galego Pablo Lesuit, o proxecto musical de La Duendeneta e o gañador do concurso Sons Mans completan este novo avance do festival.
Todos eles súmanse aos nomes xa confirmados, entre eles, o arxentino Andrés Calamaro e Madness, un dos principais grupos británicos de ska, referentes da música indie española como Depedro, Carlos Sadness ou Santi Araújo ou bandas como La Casa Azul, Sidecars, Presumido, Nixon, El Combo Viramundo ou Carolina Durante.
De Latinoamérica chegarán, pola súa banda, o grupo de indie rock arxentino Él Mató a un Policía Motorizado, o uruguaios Cuarteto de Nos ou Trending Tropics, banda composta por músicos caribeños.
Un primeiro avance anunciara os nomes de Rozalén, Vega e Zahara, a compositora chilena Mon Laferte, a intérprete arxentina Miss Bolivia, as bandas españolas Morgan e Cándida, Anarchicks, un grupo feminino de punk-rock portugués; e a influencer Natalia Ferviú, que protagonizará unha sesión DJ.
Relacionadas:
-
Os 'portamericanos' vibran, un ano mais, na carballeira de Caldas
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
PortAmérica, tres días "para ser felices" cunha combinación "única" de música, gastronomía e natureza
Por Alejandro Espiño |
-
Andrés Calamaro, os británicos Madness, Depedro, Carlos Sadness e Sidecars, ao PortAmérica 2019
Por Alejandro Espiño |
-
As mulleres, ao mando dun PortAmérica 2019 que reivindica o seu espíritu feminista
Por Alejandro Espiño |
-
O festival PortAmérica, de tres en tres nos premios Fest
Por Alejandro Espiño |