O actor pontevedrés Xúlio Abonjo volve con novos episodios de Entre pipas
Por Anxo Lourido
Un banco e dous personaxes que falan e falan mentres comen pipas. Ese é o punto en común de todos os capítulos de Entre pipas. A primeira temporada con doce episodios cunha duración de arredor de cinco minutos resultou todo un éxito a través do espallamento polas redes sociais. Agora comeza a segunda temporada.
Os protagonistas desta mini-serie na web son Luis Zahera, o coñecido Petroleo de Mareas Vivas ou o temible preso de Celda 211, e o actor pontevedrés Xúlio Abonjo a quen temos visto en series televisivas como Cuestión de sexo ou Cuarto sen ascensor.
Nesta trama son dous amigos que quedan no banco dun parque de Madrid para filosofar sobre asuntos habituais e conversar con moita ironía e humor.
Todos os xoves, Entre pipas lanza un novo episodio á rede. Todos eles contan cun alto nivel de calidade na produción e están guionizados e dirixidos por outro galego, Jorge Cassinello. Esta segunda temporada comeza con Trucha igual mejillón, unha reflexión sobre a apatía social e a frase "me da igual".
ÿ o momento de ver esta mini-serie realizada en exclusiva para internet! Collede unha bolsa de pipas e a pasalo ben!