O saxo Daniel Juárez e o contrabaixo Reinier Elizarde, protagonistas de Jazz no Principal
Por Redacción
A edición 2019 do ciclo Jazz no Principal confirmou as dúas citas sinaladas na súa próxima inminente edición.
Trátase de senllos concertos que se desenvolverán no Teatro Principal de Pontevedra os sábados 23 de marzo e 6 de abril.
O primeiro deles, o día 23 de marzo, ofrecerao o saxo tenor Daniel Juárez, mentres que o recital do 6 de abril correrá a cargo do contrabaixo cubano Reinier Elizarde.
Ambos os dous estarán acompañados do SPJ-Group con concertos que comezarán ás 21:00 horas.
As entradas para ambas as dúas actuacións poden adquirirse anticipadamante en ataquilla.com e na Casa da Luz cun prezo de 3 euros para estudantes, parados e xubilados e unha tarifa xeral de 5 euros.
Jazz no Principal completarase con obradoiros impartidos no antigo conservatorio cada día de concerto en horario de 11:00 a 14:00 horas con entrada libre.