Broken Pech saca a bailar a Campolongo
Por Diego Torrado
Broken Pech fixo bailar este sábado ao barrio de Campolongo coa súa posta en escena na que fusionan a música co espectáculo. Desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, e cunha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes.
Un selo moi persoal co que versionan cada un dos temas que interpretan.
A banda viguesa actuou na primeira das xornadas das festas de San José, na que participaron numerosos veciños.
Tamén foron un éxito as furgonetas de venda de comida as "foodtrucks", con menús tan dispares que van da comida tradicional galega ata a cociña xaponesa.
A programación deste domingo inclúe o espectáculo do ilusionista Pedro Volta, ás sete da tarde, e o concierto dos Black Stones, ás nove da noite.