Corey Harris, un dos músicos da banda de B.B. King, ofrece un concerto gratuíto no Auditorio de Vilagarcía
Por Redacción
Corey Harris, acompañado pola súa banda, ofrecerá o vindeiro venres 22 de marzo, ás 21.00 horas, un concerto gratuíto no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa dentro da programación de ' Noite de Blues'.
Harris está considerado como un dos máis representativos guitarristas da denominada Roots Music e, ao longo da súa traxectoria, chegou a realizar unha xira co gran B. B. King. Ademais participou nun documental do director cinematográfico Martin Scorsese. Este músico ofrece un percorrido desde as músicas de raíz do blues ao reggae para achegarse a outras músicas negras como a yoruba ou o bolero. A súa combinación de estilos converteulle nun dos intérpretes máis populares de New Orleans.
Dúas horas antes do inicio do concerto, o director da Escola do Blues de Madrid, José Luis Pardo, ofrecerá unha charla sobre este xénero musical.