El Prado escolle o Museo de Pontevedra para celebrar o seu bicentenario
Por Redacción
O Museo de Pontevedra é o único en Galicia que acolle obra cedida polo Museo del Prado con motivo da conmemoración do bicentenario da institución estatal, que baixo o epígrafe "De xira por España" está a expoñer obra relevante das súas coleccións en diferentes museos do Estado español, un por cada comunidade autónoma.
Ao abeiro deste proxecto, o cadro cedido ao Museo de Pontevedra é "Retrato de un médico" asinado por El Greco en Toledo cara a 1582-1585. Xunto a esta obra exporanse tamén dúas destacadas versión de obras do artista que desde a década de 1940 custodia o Museo de Pontevedra e que se expoñían no edificio Castro Monteagudo ata que este foi pechado: "A expulsión dos mercadores do templo" e "San Pedro e San Paulo".
As tres obras poderán verse reunidas na Sala de exposicións temporais número 1 do Sexto Edificio entre o 18 de marzo e o 21 de abril.
O acto de apertura que terá lugar o vindeiro luns ás 11:30 horas contará coa presenza do director do Museo del Prado, Miguel Falomir.
Relacionadas:
-
A obra "Retrato dun médico" de El Greco xa pode visitarse no Museo de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada