Andrés Trapiello, Susana Benet e Pilar Pardo son algúns dos autores que participarán na Semana Poética
Por Olaya Madrigal
A segunda edición da Semana Poética xa conta cun cartaz oficial e terá lugar do 11 ao 16 de marzo na vicerreitoría da Universidade, na Casa das Campás.
Andrés Trapiello, Susana Benet, Pilar Pardo, Antonio Manil, Gabriel Insausti e Javier Almuzara son os nomes dos autores que protagonizarán as conferencias. Entre eles, unha morea de premios literarios e unhas carreiras poéticas moi extensas.
O ano pasado celebrouse unha primeira edición experimental na que se obtivo un éxito maior ao esperado, segundo os seus organizadores. Nesta ocasión, o comité encargado da elobaración do programa escolleu con moita atención aos autores para este ano, seguindo premisas como a calidade, a capacidade de contactar co público ou a heteroxeneidade en sexo, xeración e procedencia.
Con estas premisas como base, a organización, coa axuda de Miguel d'Ors, poeta e profesor universitario, compuxo un programa formado por autores diversos, que disporán dun día dedicado a cada un no que, en primeira persoa, farán unha lectura e análise da súa obra poética.
A variedade de formatos, procedencias e idearios dos distintos autores é o punto chave para que todo aquel que asista ao evento se sinta representado nun ou outro momento e reconecte co mundo da poesía e os sentimentos escritos, segundo explicaban os encargados da organización deste acto cultural.
As sesións teran lugar ás 12:00 e ás 20:00 na Casa das Campás e estarán presentadas por intelectuais relacionados co mundo das letras dende distintas categorías