Mónica de Nut e Martirio colorean con sons experimentais e tradicionais o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción
Son dúas artistas cunha personalidade escénica indiscutible e as dúas ofrecen un son que se despraza desde o tradicional ata rexistros experimentais e sorprendentes. Mónica de Nut e Martirio ofreceron o mellor do seu repertorio no concerto que se desenvolvía este domingo no Teatro Principal de Pontevedra.
Este recital inclúese dentro do Ciclo Contrariadas no que se ofrecen actuacións de artistas de calidade contrastada e que ofrecen diferentes formas de entender a música.
Numeroso público achegábase, a pesar da noite chuviosa, ata o Teatro Principal para ver a estas dúas artistas con voces inimitables.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Pablo Paz, o neno que comezou a tocar o piano pero namorouse da batería
Por Marisa Ciordia |
-
Iolanda Díaz Gallego, memoria viva da migración galega en América, ofrece unha charla na Casa da Luz
Por Olaya Madrigal & Mónica Patxot |
-
O ciclo "Contrariadas" traerá en marzo as actuacións de Martirio e Mónica de Nut
Por Redacción |