As artes escénicas fúndense coa cociña saudable da man de Mamá Cabra
Por Redacción & Mónica Patxot
Preto de 3.000 escolares pasarán nos próximos días polo auditorio de Afundación para gozar da obra Eu cociño, ti cociñas?, unha proposta da compañía Mamá Cabra que trata de animar aos máis pequenos a adoptar hábitos de alimentación máis saudables.
Os primeiros alumnos de primeiro e segundo curso de Educación Primaria de centros escolares de Pontevedra e arredores acudiron este luns ver esta proposta escénica que combina música e teatro en galego.
O mestre de cerimonias é Timoteo, un mozo que decide cambiar o seu quiosco por un restaurante que se chama COKI, xa que estaba preocupado porque os nenos e as nenas coman dunha forma saudable.
Mesmo fixo un blogue para dar a coñecer as súas receitas con ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor, viaxes para comer e xogar, aventuras de piratas… Así, Timoteo explícalles que cociñando pódese percorrer o mundo e facer novas amizades.
Trátase dunha montaxe innovadora, no que a cociña e a alimentación saudable convértense no medio perfecto para traballar novos aspectos curriculares.