Cinco portas que se abren e se pechan nos Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado
O bo tempo e as ganas de sol e aire libre non impediron que este domingo os pontevedreses volvesen apostar por Domingos do Principal como mellor plan en familia. Nesta ocasión, tocoulle a quenda a un espectáculo de circo con humor, música e poesía para todos os públicos.
A obra 'Emportats' da compañía alicantina 'La Trócola circo' puxo sobre o escenario dúas funcións -en horario de mañá e tarde, como é habitual- de novo circo. Estaban recomendadas a partir de tres anos.
Sobre o escenario, cinco portas que se abriron e se pecharon, cinco portas que se moveron e cambiaron de lugar, cinco actores, ou músicos, ou malabaristas, ou equilibristas...
O vindeiro 10 de marzo continúa o ciclo con 'Euria' (Chuvia), da compañía de Euskadi Markeliñe, que ofrecerá un espectáculo a base de metáforas visuais, toques de humor e moita poesía para falar da capacidade de superación do ser humano. Trátase dunha proposta de teatro de actor e danza recomendado a partir de 6 anos.
A entrada ten un prezo único de catro euros por persoa e función (máis gastos de tramitación). A venda anticipada está dispoñible en www.ataquilla.com ou no 902 504 500. Tamén en www.pazodacultura.org e na Casa da Luz. De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes estará aberto 2 horas antes de cada función.
Relacionadas:
-
Máis de 4.600 espectadores gozaron do 20 aniversario dos Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Domingos do Principal despídese cunha divertida e poética lección de superación
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Domingos do Principal bota o peche co espectáculo 'Euria (Chuvia)'
Por Redacción |
-
Aqueles escolares que pasaron a ser adultos a través de 20 anos de teatro nos Domingos do Principal
Por Victoria Regueira & Anxo Lourido |
-
A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Sombras e piratas para encandear o público de Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O teatro de sombras chega a Domingos do Principal cunha innovadora historia de piratas
Por Redacción |