O Pazo da Cultura colga o cartel de completo e goza dun percorrido sonoro pola carreira de Ara Malikian
Nin un asento quedou baleiro este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra para a actuación do violinista libanés Ara Malikian (Beirut, 1968), que recalou en Pontevedra como parte da súa xira 'Royal Garage World Tour' e compartiu cos espectadores un percorrido polos garaxes da súa vida polos diferentes países.
As entradas levaban esgotadas desde o mes de xaneiro, pois vendéronse en tan só tres días a pesar de que os prezos oscilaban entre os 49,22 e os 57,78 euros. O famoso violinista, un dos máis coñecidos do panorama internacional, levaba preto de catro anos sen recalar en Pontevedra.
O concerto fixo un percorrido sonoro prol os máis variados e exóticos estilos que fraguaron a carreira de Malikian. El mesmo indicou que a súa relación cos garaxes empezou en 1976, cando estalou a guerra do Líbano. "No mundo enteiro as bandas máis modernas ensaiaban en garaxes, sacaban de aí os seus sons e creaban un estilo que mudaría a historia da música. Eu non me quería quedar sen formar parte desa movida", recoñeceu en declaracións promocionais do espectáculo.
Concerto de Ara Malikian na súa xira 'Royal Garage World Tour'
Nin un asento quedou baleiro este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra para a actuación do violinista libanés Ara Malikian (Beirut, 1968), que recalou en Pontevedra como parte da súa xira 'Royal Garage World Tour' e compartiu cos espectadores un percorrido polos garaxes da súa vida polos diferentes países
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
A nova xira mundial de Ara Malikian fará unha parada en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Pazo da Cultura será parada da xira 'Royal Garage World Tour' do violinista Ara Malikian
Por Redacción |
-
O violinista libanés Ara Malikian celebrará en Pontevedra os seus quince anos sobre os escenarios
Por Redacción |
-
Os virtuosos Ara Malikian e Fernando Egozcue presentan 'Con los ojos cerrados'
Por Redacción |