As palabras de Rosalía de Castro agromarán este domingo no Parque Ramal dos Galos
Por Redacción
O Parque Ramal dos Galos, situado no municipio de Bueu, acollerá este domingo 24 de febreiro un acto conmemorativo da celebración do Día de Rosalía.
Segundo informa o Concello de Bueu, está previsto que a partir das 11.30 horas vai desenvolverse unha lectura pública de obras da autora de Santiago de Compostela e tamén un obradoiro de creación de chapas con frases seleccionadas da simbólica autora.
Tamén se celebrará un concerto da agrupación Xardín Desordenado, que leva por título 'Rosalía entre outras' e que se centra na interpretación de temas compostos sobre textos de Rosalía de Castro e outras cancións baseadas en obras de otras seis poetas galegas, Olga Novo, Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luisa Castro, Carmen Kruckenberg e Cristal Méndez Queizan.
A actividade está organizada polo Concello de Bueu coa colaboración da Deputación Provincial e vai dirixida tanto para público adulto como menores. Con estas accións quérese recuperar o Parque Ramal dos Galos, próximo á Biblioteca Municipal Torrente Ballester, para actos culturais e combinación co lecer.
Relacionadas:
-
Homenaxe á Rosalía que rompeu moldes no aniversario do seu nacemento
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Reivindicación da Rosalía de Castro máis universal e feminista
Por Victoria Regueira & Redacción |
-
Un libro de poesía e unha camelia para lembrar os agasallos culturais que deixou Rosalía de Castro
Por Redacción |