A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este domingo a representación da obra Aguratrat, da compañía galega Pérez e Fernández.
Aguratrat é unha adaptación teatral do libro "Esio Trot" do famos autor infantil Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. É unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe crave que dá título á peza.
"Aguratrat" é "tartaruga" lido ao revés.
O señor Hoppy é un home moi tímido e amante das plantas está namorado profundamente pero en segredo da súa veciña, a señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa tartaruga Alfie. A señora Silver está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi despacito.
É a segunda montaxe para peques e as súas familias que leva a cabo a compañía Pérez e Fernández.
Relacionadas:
-
Máis de 4.600 espectadores gozaron do 20 aniversario dos Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Domingos do Principal bota o peche co espectáculo 'Euria (Chuvia)'
Por Redacción |
-
Cinco portas que se abren e se pechan nos Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Aqueles escolares que pasaron a ser adultos a través de 20 anos de teatro nos Domingos do Principal
Por Victoria Regueira & Anxo Lourido |
-
'Aguratrat', a adaptación teatral dun libro de Roald Dahl, vindeira función de Domingos do Principal
Por Olaya Madrigal |
-
Sombras e piratas para encandear o público de Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O teatro de sombras chega a Domingos do Principal cunha innovadora historia de piratas
Por Redacción |
-
A viaxe de Ulises pasa por Pontevedra para entreter a grandes e maiores
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Teatro Gorakada invítanos a viaxar con Ulises en Domingos do Principal
Por Redacción |