Nao, Boikot e Dakidarría tamén estarán en agosto no SonRías Baixas de Bueu
Por Redacción
O Son Rías Baixas segue a completar o cartel para a súa décimo sétima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto. Segismundo Toxicómano, Nao, Boikot e Dakidarría son as catro novas bandas que estarán en Bueu para actuar en directo no marco do festival.
A organización do festival xa anunciara previamente a La Pegatina e la M.O.D.A, dous dos grupos da escena alternativa máis destacadas do estado, a Muyayo Rif, a Periferia Norte, a mítica banda bilbaína de pop-rock en euskera Zea Mays e aos valencianos Zoo.
Segismundo Toxicómano achegaralle ao público do festival o seu hardcore punk con contundencia e velocidade facendo gala do seu lema: "Somos los Segis y vamos al puto lío".
Tamén o fará Nao, que se despide dos escenarios nesta á que chaman A derradeira xira e ofrecerá no SonRías Baixas unha das últimas oportunidades para velos en acción.
Ademais, tras celebrar o seu quince aniversario en novembro ante 2.500 persoas e con máis de 40 colaboracións, Dakidarría regresa a Bueu coa súa mensaxe rebelde e de loita, que ás veces nos transmite a rabia contra as inxustizas e ás veces o bo rollo máis sincero.
Completan o terceiro avance do SonRías Baixas Boikot, que continúa reiventando o rock urbano e o punk dos seus inicios para pasar a unha fórmula propia que inclúe tamén o ska, os sons latinos ou o espírito da festa balcánica.
As entradas para o SonRías Baixas, cuxo festival se pechará ao longo das próximas semanas, están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 31 euros máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.
Relacionadas:
-
Sés, Iseo & Dodosound e Hakuna Tanaka, tres poderosas voces femininas para o SonRías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
La Pegatina e La Maravillosa Orquesta del Alcohol, ao SonRías Baixas de Bueu
Por Alejandro Espiño |
-
O SonRías Baixas 2019 arranca con Zea Mays e Zoo como primeiras confirmacións
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Jordi Lauren, de profesión, inquieto
Por Marisa Ciordia |