A reedición do libro "O Canón de Pau" esperta interese en Carballedo
Por Redacción
A Casa do Concello de Cerdedo-Cotobade, en Carballedo, acolleu este venres a presentación da reedición do libro "O Canón de Pau".
Trátase dunha obra de Salustiano Portela Pazos, clérigo e historiador nado na parroquia de Rebordelo e que escribiu o texto no ano 1913, aínda que non foi publicado ata 1976, ano do seu falecemento.
O libro narra as peripecias e os segredos da resistencia organizada polos veciños de Cotobade contra o exército francés na Guerra da Independencia.
Esta presentación levantou un gran interese, con preto dun cento de asistentes no salón multiusos.
A reedición puido sacarse adiante grazas á colaboración do Concello, as consellerías de Cultura e Educación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia.