O teatro de sombras chega a Domingos do Principal cunha innovadora historia de piratas
Por Redacción
Un espectáculo de teatro de sombras é a proposta que ofrecerá o ciclo Domingos do Principal o vindeiro domingo 10 de febreiro. A compañía andaluza A la sombrita representará a obra El tesoro de Barracuda.
Nesta ocasión, xunto coas sesións das 12.00 e as 18.30 horas, a obra terá un terceiro pase para escolares o luns día 11, ás once e media da mañá. As tres funciones terán como escenario o Teatro Principal de Pontevedra.
En El tesoro de Barracuda, a través dun xogo de sombras cun tratamento innovador e contemporáneo, os nenos coñecerán a historia de Barracuda e os seus amigos, que levan anos buscando o tesouro do pirata Phineas Krane.
Cando por fin o atopan verán que non é ouro, pero daranse conta de que lles vai a cambiar a vida.
O espectáculo, que ten unha duración de 50 minutos, está recomendado para nenos e nenas a partir de seis anos.
As entradas están á venda, a través de www.ataquilla.com, a un prezo de 4 euros. De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes estará aberta dúas horas antes de cada función.
Relacionadas:
-
Cinco portas que se abren e se pechan nos Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
'Aguratrat', a adaptación teatral dun libro de Roald Dahl, vindeira función de Domingos do Principal
Por Olaya Madrigal |
-
Sombras e piratas para encandear o público de Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A viaxe de Ulises pasa por Pontevedra para entreter a grandes e maiores
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O desaparecido Pavillón Lino da Coruña rexorde nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |