Second presentará o seu novo disco na Sala Karma o 29 de marzo
Por Alejandro Espiño
A 'nova era' de Second chegará a Pontevedra. A banda murciana actuará o vindeiro venres 29 de marzo na Sala Karma, dentro do ciclo 'Escenarios Vibra Mahou'.
Second presentará en directo os temas do seu novo disco Anillos y raíces, que saíu á venda hai apenas unhas semanas. É o seu oitavo álbum de estudo.
O de Pontevedra será un concerto especial para a banda liderada por Sean Frutos, sinalan desde a organización, xa que o grupo actuará nun aforamento inferior ao que nos teñen afeitos, polo que o público logra con eles unha conexión especial.
Ademais, os asistentes poderán elixir, por votación, un tema da lista de cancións do artista que despois será interpretado en directo; e varias persoas terán a oportunidade de gozar, antes do concerto, dun encontro cos membros da banda.
As entradas para este concerto xa están á venda a través da plataforma Ticketmaster.