Teatro Gorakada invítanos a viaxar con Ulises en Domingos do Principal
Por Redacción
Un domingo máis, o Teatro Principal ofrece ao público pontevedrés unha xornada en familia. Será coa representación da obra El viaje de Ulises, que a compañía vasca Teatro Gorakada poñerá en escena o domingo 3 de febreiro, ás 12.00 e ás 18.30 horas, dentro do ciclo Domingos do Principal.
En El viaje de Ulises, Gorakada convídanos a acompañar ao mítico personaxe de Ulises no seu periplo polo Mediterráneo cara Ítaca, tendo que superar todas as probas que os deuses gregos lle poñen polo camiño.
A obra, premiada no festival de teatro na rúa de Villanueva de la Serena, é unha metáfora da vida, da loita contra as dificultades e a forma de resolvelas.
O espectáculo ten unha duración dunha hora e está recomendado para nenos e nenas a partir dos seis anos.
As entradas están á venda, a través de www.ataquilla.com, a un prezo de 4 euros. De non esgotarse na venda anticipada, a billeteira estará aberta dúas horas antes de cada función.
Relacionadas:
-
A "tartaruga" enche de público o Teatro Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A viaxe de Ulises pasa por Pontevedra para entreter a grandes e maiores
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O desaparecido Pavillón Lino da Coruña rexorde nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Unha viaxe en 360 graos para inaugurar Domingos do Principal 2019
Por Redacción & Diego Torrado |