Cal foi a contribución da moda ao feminismo?
Por Oskar Viéitez
O vindeiro xoves 31 o Castelo de Soutomaior acollerá unha visita guiada á exposición "A moda en detalles" e unha posterior xornada de reflexión sobre a contribución da moda ao feminismo.
Neste percorrido, no que se pretenden tender pontes entre a moda do século XXI e a do século XIX, participarán importantes referentes da moda en Galicia como son a directora do Máster en Deseño e Dirección Creativa Lola Dopico, a deseñadora da empresa D-DUE, Charo Froján, a artista e deseñadora gráfica, Mónica Mura e a comisaria da mostra Natalia Fraguas.
Con esta iniciativa a Deputación quere poñer en valor a moda como elemento de expresión cultural e, ao mesmo tempo, a moda feminina de comezos do século XX como elemento democratizador da muller e de ruptura de clichés en torno ao corpo feminino.
A exposición “A moda en detalles: Indumentaria e complementos (1870-1925) “ é a primeira acción cultural complementaria que se está a desenvolver no castelo no marco das accións previstas para a posta en valor da musealización e potencial histórico e cultural do edificio.