A Praza de Ravella acolle a videoinstalación 'Rostros', do Faiado da Memoria
Por Redacción
A asociación O Faiado da Memoria comezará este mércores 26, a partir da posta de sol, a proxección sobre a xanela do local deste colectivo situado na Praza de Ravella, en Vilagarcía de Arousa, unha videoinstalación baixo o título 'Rostros'.
Este traballo contén 108 fotografas tipo carné realizadas durante a década dos anos 60 no municipio de Vilagarcía. A través desta galería pódese ver as caras de mozas, adultos, anciáns, mulleres e homes de distintas clases sociais daquela época.
Trátase dunha homenaxe que desde o colectivo quérese facer con aquelas persoas que colaboran con O Faiado da Memoria. O vídeo vai proxectarse nun bucle continuo, que finalizará preto da medianoite para volver iniciarse ao día seguinte ata o 10 de xaneiro de 2019.
'Rostros' é un anticipo dunha obra maior, que está previsto que se acometa en 2019 en diversas rúas de Vilagarcía, segundo avanzan os organizadores.