A película chinesa 'Suburban Birds', de Jiao Qu de Niao, gañadora de Novos Cinemas 2018
Por Redacción & Diego Torrado
A película Suburban Birds, do director chinés Jiao Qu de Niao, fíxose este domingo co Premio Novos Cinemas 2018 á mellor longametraxe da Sección Oficial.
O xurado internacional da Edición 03 de Novos Cinemas, formado por Paula Astorga, Manolo González e Eloy Domínguez Serén, outorgou o premio a esta produción chinesa despois do visionado das películas a concurso e a deliberación "por ser unha exploración audaz e luminosa, que retrata de maneira fascinante a transformación social, cultural e identitaria dunha sociedade a través da súa transfiguración urbanística".
A acta do xurado destaca que se trata dun filme sobre a modulación como proceso de busca do eu, o desencanto e o afundimento dun país desde os seus propios cimentos e resalta que é "un magnífico exercicio de dirección, unha película emotiva, intelixente e agridoce na que os desexos de infancia colapsan nun presente incerto".
O xurado tamén decidiu outorgar unha mención especial a Un violent désir de Bonheur, de Clément Schneider, da que destacan que é "unha oda á liberdade e unha lúcida reflexión do pasado desde o presente, un exercicio cinematográfico sobrio e maduro, brillante, dunha contemporaneidad prodixiosa".
O xurado novo da Edición 03 de Novos Cinemas, formado por Ricardo Araújo Gil, Amy Margaret Egan, Pedro Ignacio Ferrari, *Ángela Hernández González e Noemí Parga Iglesias, despois do visionado dos filmes a concurso e a deliberación, outorgaron o Premio Xurado Novo á mellor dirección da Sección Oficial a Virgil Vernier, de Sophia Antipolis, "por desmitificar a sociedade contemporánea a través dun estilo acedo e elegante e por evidenciar a nosa violencia individual e colectiva de forma sorprendente".
O 'Xurado de Latexos' da Edición 03 de Novos Cinemas, formado por Violeta Kovacsics, José Manuel López e Ramón Rey, despois do visionado dos filmes a concurso e a deliberación, outorgan o Premio Especial Numax Sección Latexos a Young & Beautiful, de Marina Lameiro, "polo seu retrato da intimidade, cuxas imaxes de extraordinaria inmediatez logran capturar, desde a suxestión e o fóra de campo, o baleiro da situación social e a estupefacción á que se enfronta unha xeración".
O Premio do público, outorgado polos asistentes ao festival, é para a española Trinta Lumes, de Diana Toucedo.
Relacionadas:
-
O festival Novos Cinemas abre o prazo de recepción de obras para esta edición
Por Redacción |
-
Novos Cinemas profunda na súa internacionalización cunha xira por México e Colombia
Por Redacción |
-
Novos Cinemas inaugura a súa Edición 03
Por Redacción |
-
Luces, cámara... acción! Comeza Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas apúntase ás datas previas ao Nadal para ofrecer as películas máis alternativas
Por Mónica Patxot & Redacción |