Galaxia reeditará unha obra musical de Antón Fraguas para o Día das Letras Galegas 2019
Por Redacción
A celebración do Día das Letras Galegas que, no ano 2019, recoñecerá a traxectoria de Antón Fraguas comeza a perfilarse. A editorial Galaxia reeditará o libro Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade, unha obra publicada en 1985 pola Fundación Otero Pedrayo.
Virá acompañado, ademais, un disco con 13 temas no que vai colaborar Sonsoles Martínez, veciña de Tenorio.
É a primeira iniciativa que se inclúe na programación que prepara o Concello de Cerdedo-Cotobade, municipio natal de Antón Fraguas.
O presidente municipal, Jorge Cubela, explicou que esta publicación é "moi emblemática" na bibliografía do autor e está moi vencellada a este concello. "Pode mesturarse coa música, o que lle outorga un valor engadido que nos permitirá chegar a moita máis xente a través da diversificación das distintas ramas culturais", engadiu.
A extensión das Letras Galegas e da figura do intelectual nado na parroquia de Loureiro é o "gran obxectivo" para o ano 2019 por parte do goberno local, que adiantou que se está a traballar nun amplo repertorio de actividades.
A intención do Concello de Cerdedo-Cotobade pasa por "aproveitar todo o ano" con actividades en torno a Fraguas "e non limitarse ás datas máis próximas ao 17 de maio".
Relacionadas:
-
A Real Academia Galega celebrará o pleno extraordinario do 17 de maio en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade inicia as homenaxes a Antón Fraguas polas Letras Galegas
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade empeza a preparar o Día das Letras Galegas 2019, adicado a Antón Fraguas
Por Redacción |
-
O Día das Letras Galegas 2019 estará dedicado a Antón Fraguas, un intelectual de Cerdedo-Cotobade
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada