"La culpa" chega a Pontevedra con Pepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermoso e Ana Fernández
Por Redacción
O auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá o vindeiro sábado 15 de decembro, ás 20.30 horas, a representación de La culpa, obra escrita por David Mamet e que por vez primeira represéntase fóra dos Estados Unidos.
A obra, que está dirixida por Juan Carlos Rubio, está protagonizada por Pepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermoso e Ana Fernández.
Nela, un psiquiatra (Pepón Nieto) é requirido para declarar a favor dun paciente acusado de ser o responsable de cometer un masacre.
Cando se nega a facelo, a súa carreira, a súa ética e as súas crenzas son cuestionadas, desencadeando unha espiral de acontecementos que convulsionará non só a súa vida, senón a da persoa que máis quere, a súa esposa (Ana Fernández). Magüi Mira interpreta á avogada do acusado e Miguel Hermoso é o avogado da acusación.
David Mamet é o autor desta obra que ofrece un dilema continuo ao espectador, con temas recorrentes na súa produción como o abuso de poder e os xuízos mediáticos. España é o primeiro país no que se representa tras a súa estrea en Nova York.
As entradas para a representación de La culpa están á venda en Ataquilla.com.