Vortex e as boirenses Agoraphobia tocarán no SonRías Baixas tras gañar o concurso convocado polo festival
Por Alejandro Espiño
A banda de rock Agoraphobia fíxose co premio do xurado no I Concurso SonRías Baixas, o que lles permitirá ás cinco mozas boirenses que a compoñen actuar no XII Festival SonRías Baixas, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto en Bueu. Xunto a elas actuarán os pontevedreses Vortex, un grupo de metalcore melódico, que foi o gañador do Premio Son Radio Galega. Ambas foron escollidas por un xurado especializado.
Cos seus característicos toques garage e acentos indie sobre unha enerxética base rockeira, Agoraphobia naceu hai sete anos, cun nome que homenaxea aos estadounidenses Incubus e unha condición inalienable: que todas as integrantes do grupo foran mulleres. Co tempo, evolucionaron dende as versións de clásicos do punk e do rock aos temas propios, gravaron a súa primeira maqueta autoproducida, Mentir y Gobernar.
Foron cambiando de componentes ata chegar á formación definitiva: Susana (voz e percusión), Aislinn (guitarra), Sabela (guitarra), Lucía (baixo) e Paula (batería). Os cambios na composición do grupo troixeron aparellados cambios no estilo ata que a banda chegou á mestura de rock, indie e garage que hoxe a caracteriza, con trazos de artistas como Blondie, The Bangles, Jet lo Lees Plasticines. Actualmente, preparan unha xira chamada Show us your boobs, man.
Vortex subirá ao escenario do SonRías Baixas despois de imporse ao resto dos finalistas do Premio Son Radio Galega. Naceron no verán de 2010 da man de catro rapaces moi novos: Jacobo Sainz (guitarra e voz), Marcos Rodríguez (guitarra), Víctor García (baixo e coros) e Jonathan Portela (batería). Comezaron versionando clásicos de Metallica, Bullet For My Valentine, Trivium ou Avenged Sevenfold, pero pronto decidiron centrarse nas súas propias creacións. Actualmente, preparan o seu primeiro traballo discográfico.
QUE DESILUSION ACTUARA NA FESTA DE APERTURA
En vista da enorme implicación do público, que apoiou esta primeira edición do concurso votando masivamente na páxina do Facebook do Festival, a organización decidiu crear ademais un accésit para a banda máis votada e ofrecerlle ao grupo pontevedrés de rock urbano Qué Desilusión! a oportunidade de actuar na festa de apertura do SonRías, a Troula Benvida, o xoves 1 de agosto no Aturuxo de Bueu e obter un premio en metálico de 300 euros.
Qué desilusión! naceu a finais do 2009 da man de Adrián (guitarra e voz), Alberte (baixo e coros), Charlie (guitarra) e Rubén (batería). O seu primeiro traballo, A golpe de alfil, xunta dez cancións letras sinceras que falan da noite, do desamor, da noite e das drogas. Influenciadas por grupos míticos do rock estatal como Barricada, Platero y Tú, Rosendo ou Los Enemigos, as súas composicións transmiten a frescura dos novos tempos sen perder o aroma recoñecible do rock clásico.
Relacionadas:
-
Vortex busca mecenas a través de crowfunding para poder gravar "Confessions", o seu primeiro disco
Por Alejandro Espiño |
-
Abre a Casa SonRías: músicos cociñando os seus platos favoritos no Festival SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Los Enemigos, Riot Propaganda, Foxy Freire e Dakidarría completan o cartel do SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Tres bandas pontevedresas, Qué Desilusión!, La4Pared e Malkeda, as máis votadas para sumarse ao SonRías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
Os revolucionarios Boikot e a poesía rockeira de Rulo súmanse ao cartel do SonRías Baixas
Por Redacción |