Expertos en creación analizan a cultura como motor das cidades
Por Mónica Patxot & Redacción
As cidades están a cambiar e se están adaptando aos novos hábitos de consumo. Un dos factores determinantes nesta evolución fundamental das urbas atópase na cultura. A esta conclusión chegaban este xoves a directora de Esdemga, Lola Dopico; a especialista en xestión cultural en América Latina Lidia Blanco; o ex secretario de Turismo de Andalucía, Vicente Granados; e o alcalde de Óbidos, Telmo Faria.
O coloquio, que se desenvolvía no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra dentro do marco do ciclo Urbtopias, centrouse na importancia da dinamización social para que a contorna urbana poida facerse máis atractiva, sempre tomando a persoa como elemento de referencia. O encontro estivo moderado polo responsable do departamento de Arquivo do Diario de Pontevedra Ramón Rozas.
A vindeira cita dentro do marco de urbtopias será o vindeiro 11 de decembro ás 19.00 horas tamén no Sexto Edificio. Neste encontro participarán o vicepresidente da Deputación César Mosquera, o enxeñeiro de Camiños Fernando Nebot, redactor de numerosos plans de ordenación de mobilidade urbana e a xornalista Fernanda Tabarés, que exercerá de moderadora.
Relacionadas:
-
Pontevedra ten "un gran porvenir", segundo Joan Busquets, porque ofrece "calidad de vida"
Por Alejandro Espiño |
-
Expertas en urbanismo reclaman deseñar as cidades desde unha perspectiva feminista
Por Alejandro Espiño |
-
O "éxito" de Pontevedra, segundo Fernando Nebot, é que "no hay tensión" no uso do espazo público
Por Alejandro Espiño |
-
Joan Clos dialoga con Lores sobre deseño urbano no inicio do ciclo 'Urbtopías'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Joan Clos e Fernández Lores abrirán 'Urbtopías', as xornadas no Museo sobre as transformacións urbanas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |