Lucía Catoira Pan, Premio Mestre Mateo, explicará os segredos da fotografía no CITA
Por Redacción
A directora de fotografía Lucía Catoira Pan, premio Mestre mateo 2018 neste apartado, contará as súas experiencias profesionais no encontro que manterá coa xornalista de PontevedraViva Radio, Marisa Ciordia,
Trátase dun diálogo público que se desenvolverá este xoves 29 de novembro ás 20.00 horas no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais).
Lucía Caoira lograba o premio audiovisual galego polo seu traballo na película 'Doghs' e permitirá, nesta conversa, que o público asistente poida realizar preguntas sobre a súa actividade profesional e curiosidades do mundo fotográfico. A entrada é libre.
O acto encádrase dentro das actividades de EnfocA-Encontro fotográfico, que inclúe unha exposición de catro fotoxornalistas que realizan o seu traballo en Pontevedra: Mónica patxot, Cristina Saiz, Beatriz Ciscar e Alba Sotelo. Esta mostra permanece aberta ata o 9 de decembro no CITA.
EnfocA tamén inclúe un roteiro e un obradoiro infantil, ademais do concurso para fotografar a cidade durante a noite.