O alumnado de Esdemga prepárase para a pasarela 'Debut'
Por Redacción
Este xoves 22, o Pazo da Cultura será escenario ás 20.00 horas da décimo segunda edición do desfile Debut. Unha vez máis, o alumnado da Escola de Moda de Galicia (Esdemga) do campus de Pontevedra presentará as coleccións que forman parte dos seus proxectos de fin de estudos. Ao longo desta semana se están a desenvolver diversos obradoiros de formación.
A deseñadora italiana Patrizi Fabri, as especialistas en maquillaxe e peiteado Silvia Fervenza e Guy Pranzili ou a creadora Inés Rodríguez, responsable de Rir & Co, ofrecen durante estes días clases para formar os estudantes en diferentes técnicas.
Inés Rodríguez achegaba ao obradoiro exemplos de tecidos de fibra óptica, aproximándose ás novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, recuperando tradicións estéticas e, desta forma, trasladaba diferentes puntos de vista aos creadores do futuro.
Elena Rial, gañadora de Debut 2013, tamén se incorporaba este martes a estes talleres aportando coñecementos sobre o deseño dixital téxtil, segundo informa Eduardo Muñiz no DUVI.
Este mércores 21 ás 19.00 horas na Casa das Campás haberá unha charla-coloquio con Ivonne Sotreras, mentres que este xoves 22 ás 12.30, Charo Álvarez e Rocío Sánchez presentarán tamén na sede da Vicerreitoría o Bilbao International Art and Fashion.
Relacionadas:
-
Vinte deseñadores exhibirán as súas coleccións de moda nunha nova edición de Debut
Por Manu Otero |
-
Un proxecto creado no Esdemga participará no Ego da Madrid Fashion Week
Por Redacción |
-
Raquel Barbosa triunfa na pasarela Debut, un espectáculo de creatividade e cor
Por Redacción |
-
Máis de 50 estudantes de Esdemga presentarán as súas coleccións na pasarela Debut 2018
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |