A xira por salas de Rufus T. Firefly chega este sábado a Pontevedra
Por Redacción
A Sala Karma recibirá este sábado 24 de novembro, ás 22.30 horas, á banda Rufus T. Firefly, que interpretará en directo os temas do seu novo traballo discográfico, Loto.
Tras actuar este verán nalgúns dos festivais máis destacados do país como o Madcool Festival, o O Son Do Camiño ou o Festival de Les Arts, a banda liderada por Víctor Cabezuelo e Julia Martín-Mestre emprende unha xira por salas.
Nela, presentan os seus últimos dous traballos, Magnolia e Loto, que dalgunha maneira forman un conxunto.
Trátase de dous discos separados por un ano de distancia pero pertencentes a unha mesma obra coa que a banda pretende pechar esta etapa conceptual, antes de volver encerrarse para seguir experimentando en busca de novos camiños musicais.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 15 euros, pódense adquirir en El Pequeño, Bullit Store e a plataforma dixital ticketea.com.