‘Outono’ de Pistacatro pecha o ciclo de teatro familiar no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Pistacatro, a compañía de Novo Circo Galego, pechaba este domingo o ciclo de teatro familiar que se desenvolveu durante catro fins de semana no auditorio do Pazo da Cultura.
Coa montaxe 'Outono', a compañía ofreceu unha homenaxe aos clown coa presenza dos fundadores da compañía no décimo aniversario do seu nacemento.
Desta forma, o público que se achegou ata o recinto puido ver un espectáculo dedicado aos pallasos clásicos con números circenses e música en directo. A obra contou tamén con momentos de humor tanto para os adultos como para os menores.