A terceira edición das Xornadas de Antropoloxía xiran ao redor da mitoloxía
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Tres é o número máxico e tres son os días en que se desenvolve a terceira edición das Xornadas sobre Antropoloxía que comenzarán este venres 16 na Casa da Luz coa presenza de numerosos especialistas que tratarán o tema da mitoloxía galega.
Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística; Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega e Antonio Vázquez, integrante desta entidade presentaban este mércores a programación desta cita cultural que estará dedicada a Ángel Gilberto Martínez, un colaborador da Sociedade Antropolóxica que falecía hai un mes. Por este motivo, as actividades previstas para esta edición comezarán cun vídeo inédito en que participaba, 'As lendas da Pena Molexa narradas por Ángel Gilberto Martínez'. Será ás 17.30 horas.
A continuación, Ana Filgueira ofrecerá unha conferencia 'Cartografía mítica: estrutura, sentido e poética do territorio da mourindade'. O programa continuará con estas outras ponencias:
-18:30h Conferencia de Clodio González Pérez: 'Un mito universal: serpes e dragóns. a tradición da Coca'
-19:15h Mesa redonda
Sábado 17:
Sesión de mañá:
-11:00h Conferencia de Ana Ruiz Blanch: 'A Raíña Lupa: tan lejos, tan cerca. Mito, historia y memoria'.
-12:00h Pausa café
-12.30h Conferencia de Marcial Tenreiro: '(Paleo)Etnografia Jurídica: Olhadas na Fronteira entre o Rito e o Mito'
-13.30h Mesa redonda
Sesión de tarde:
-17:30h Conferencia de Antonio Reigosa: 'Os seres míticos na Mitoloxía galega'
-18:15h Conferencia de Antonio Balboa Salgado: 'As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia'
-19:00h Mesa redonda e coloquio final
-19:30h Clausura das xornadas
Durante o domingo 18, vai desenvolverse unha actividade en colaboración coa asociación O Chedeiro no Centro Social de Cerponzóns, a partires das 12.30 horas cun espectáculo de Raquel Queizás 'O eco das pedras', en que se ofrecen narracións de contos tradicionais da parroquia.
Para asistir a estas xornadas non é necesaria inscrición previa e nas anteriores edicións, comentaba Rafael Quintía, o salón de actos da Casa da Luz enchía de público este espazo. As conferencias serán gravadas para despois subilas a internet.