Café Quijano regresa a Pontevedra para demostrar que "La vida no es un la, la la"
Por Alejandro Espiño
Tras máis de cinco anos consagrados ao boleiro, Café Quijano regresa ao pop. Faino cun disco chamado La vida no es la la la, que recentemente saíu á venda. Este novo traballo protagonizará unha xira por toda España que, en marzo, chegará a Pontevedra.
A banda, segundo se confirmou nos últimos días, actuará no auditorio de Afundación o venres 17 de marzo de 2019, a partir das 20.30 horas.
As entradas para o concerto teñen un prezo de 30 euros e pódense adquirir a través da páxina web de Ataquilla.com.
Con La vida no es la la la, editado por Warner Music, os irmáns Quijano regresan aos escenarios recuperando o estilo co que cultivaron éxitos internacionais inesquecibles a finais dos anos 90.
O disco, composto por doce temas, conta coa colaboración entre outros de Willy Bárcenas, cantante de Taburete, ou do rapeiro Arkano.
Ademais dos temas deste novo traballo, Café Quijano repasará no seu concerto en Pontevedra os grandes éxitos dunha carreira musical de máis de vinte anos.