Aurora & the Betrayers traen a Sala Karma o seu novo disco "Tune Out the Noise"
Por Redacción
A programación musical da Sala Karma traerá a Pontevedra este sábado 17 de novembro, a partir das 22.00 horas, á banda Aurora & the Betrayers, que presentará en directo os temas incluídos no seu terceiro disco de estudo, Tune Out the Noise.
Trátase, segundo os críticos, do seu disco máis persoal ata a data, un traballo cheo de texturas rudas e preciosistas, de mensaxes profundas e de inconformismo e con infinidade de referencias asociadas a grupos e artistas como Jack White, David Bowie, Iggy Pop, The Beatles, Pink Floyd ou Talking Heads.
Fieis á súa maneira de concibir a música, Aurora & The Betrayers sorpréndennos de novo co seu estilo arriscado, un son máis auténtico e unha personalidade incontestable, a través dun disco gravado en Madrid durante os dous últimos anos.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 12 euros por anticipado e 15 en despacho de billetes, pódense adquirir en El Pequeño, Bullit Store ou na plataforma WeGow.