'Gustavo Almeida e amigos' chega á súa sexta edición
Por Redacción
Por sexto ano consecutivo, Gustavo Almeida protagonizará en Pontevedra un concerto no que convidará a diferentes personaxes do ámbito cultural.
O concerto 'Gustavo Almeida e amigos' celebrarase o vindeiro sábado 10 de novembro (19:00 horas) no Auditorio do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Nesta ocasión acompañarán ao cantante e compositor hispano-brasileiro a cantante cubana Diana Tarín, a galega María Costas, o brasileiro Rodrigo Almeida e a escritora Baia Fernández.
Este recital está organizado polo Museo de Pontevedra e contará con entrada de balde para o público ata completar aforamento.