"Akari" achega a danza ao público familiar
Por Oskar Viéitez
A tempada de teatro do Pazo para público familiar achega aos máis novos ás artes escénicas. Se ata o de agora puideron gozar co circo en "El apartamento" de Cirk About It ou teatro de actor con música ao vivo en "La gallina de los huevos de oro" de Zum Zum Teatre, a danza chega este domingo 4 da man de Da T Danza.
"Akari" é un espectáculo de danza que investiga a luz, as súas propiedades e a súa particular forma de viaxar polo ar. A luz, a penumbra, a sombra e a escuridade.
Recomendado a partir de 2 anos, ten unha duración de 45 minutos.
As entradas, a un prezo único de 6 euros máis gastos están á venda anticipadamente en Ticketea, no despacho da Casa da Luz e, de non esgotarse, dúas horas antes na billeteira do Pazo.