O mentalista Anthony Blake trae a Pontevedra o seu último espectáculo
Por Redacción
Un dos mentalistas máis coñecidos, o asturiano Anthony Blake, estreará o seu novo espectáculo en Pontevedra. Será o vindeiro sábado 27 de outubro, a partir das nove da noite, no auditorio de Afundación.
O propio Blake describe Practicamente improbable como o espectáculo que implica unha maior participación directa do público de todos que realizou nos seus 35 anos de carreira.
Os espectadores sentirán que son eles quen decide en todo momento que, como e cando deben suceder as respostas. Con todo, o popular ilusionista demostrará que todo o que ocorra fora previamente determinado.
As entradas están á venda, a un prezo de 18 euros, a través de Ataquilla.