A actriz Macarena Gómez recibe este xoves o premio Curtas 2018 en Vilagarcía
Por Redacción
A actriz cordobesa Macarena Gómez recibirá o premio Curtas 2018 este xoves 18 na sala de exposicións Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa ás 11.30 da mañá nun acto aberto ao público.
Macarena Gómez foi protagonista de diversas obras cinematográficas como Sexykiller, Carne de Neón, Las Brujas de Zugarramurdi, Musarañas ou Pieles. Ademais interveu en diferentes series de televisión moi populares como La que se avecina, Padre Coraje ou Hospital Central.
Debido a motivos laborais, que lle obrigan a viaxar a Xapón, a actriz non poderá asistir o 27 de outubro ao Festival como estaba previsto e por iso adiántase a entrega a este xoves á que asistirán o director do evento, Luís M. Rosales; a concelleira de Cultura, Sonia Outón e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.
O Festival desenvolverase entre o 19 e o 28 de outubro e tamén está prevista a entrega de premios a Antonio Durán "Morris", John Howe, Ciruelo Cabral e Ariel Olivetti.