A filosofía de Karl Marx segue vixente no bicentenario do nacemento do economista alemán
Por Redacción
Este mércores, ás 20.00 horas, a Casa das Campás acolle a primeira xornada de conferencias sobre a figura de Karl Marx. Este ciclo organizado polo Ateneo de Pontevedra e a Vicerreitoría do campus universitario coa colaboración do filósofo Domingos Antom García contará coas intervencións de Ramón Regueira, que falará sobre ' Praxe e alienación' e coa disertación de Francisco Sampedro sobre ' ideoloxía e distorsión'.
Ramón Regueira, catedrático de filosofía, analizará cinco ideas actuais como a de cidadán, pobreza, dominación, ausencia de totalidade e emprendedor en relación co consumo e a tecnoloxía.
Pola súa banda, Sampedro, doutor en Filosofía, estudará a palabra ideoloxía como un termo confuso onde, na actualidade, combínanse ideas, ideais, credos, mentalidades e sistemas morais, entre outros elementos.
A entrada a este acto de reflexión sobre o bicentenario do nacemento do filósofo e economista alemán que tivo unha importante influencia na sociedade do século XX é libre ata completar o salón de actos.