Teresa Salgueiro abre a edición máis ambiciosa de Cantos na Maré
Por Mónica Patxot & Redacción
A cantante portuguesa Teresa Salgueiro entusiasmou ao público que este xoves se achegou ata o Pazo da Cultura para gozar do inicio do festival Cantos na Maré, unha cita tradicional coa música lusófona.
Salgueiro, que foi voz de Madredeus, ofreceu os temas do seu último disco en solitario, 'O Horizonte', pero tamén interpretou temas do seu traxectoria individual e da súa etapa nunha das grandes agrupacións musicais de Portugal. Nas cancións do seu último álbum ofrece unha paisaxe intimista en que realiza un percorrido por diferentes experiencias da súa memoria.
De cara a este 12 de outubro, en Pontevedra o canto será lusófono. E principalmente feminino. Dende o galego da rapeira Wöyza ou do dúo Vudú, ao portugués da principal voz do rap luso, a intérprete Capicúa, que se sube á maré acompañada pola angolana Eva RapDiva e máis por Wöyza. Entre os concertos máis importantes do día está tamén o da Cesária Évora Orchestra, que chega dende Cabo Verde para dar un concerto no que tamén estarán presentes as principais voces femininas do seu país: Lura, Lucibela e máis Elida Almeida.
Este venres ao mediodía, Cantos na Maré vai desprazarse ao Teatro Principal co concerto do cantante de Cabo Verde Mário Lucio, que estará acompañado polo músico portugués Julio Pereira. Mário Lucio foi ministro de Cultura no seu país e no seu recital presentará as cancións do seu último traballo no que a infancia ten un especial protagonismo.
O intercambio e a colaboración entre artistas e culturas, potenciando a presenza da cultura galega, continúa a ser unha das apostas diferenciais de Cantos na Maré. De aí un dos concertos cos que se pechará a xornada: o rapeiro galego García MC e mais o pianista cubano Alejandro Vargas desenvolveron un proxecto especial de colaboración para o público do festival.
Ata o domingo pola noite, Pontevedra acollerá 13 espectáculos no Pazo da Cultura e diferentes actividades no Teatro Principal e no Museo. Nomes como os de Mercedes peón, Chico César ou Eladio y los seres queridos subirán ao escenario nunha cita musical que está dirixida por Uxía Senlle e que, nesta edición, se abre a novos estilos e a un formato máis ambicioso con catro días de propostas culturais.
Relacionadas:
-
Gala final de Cantos na Maré: sumando culturas e sentimentos
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Kepa Junkera, Tanxugueiras, Uamusse, Uxía e Chico César pechan este domingo Cantos na Maré
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Cantos na Maré acolle o legado musical de Cesária Évora, a diva dos pés descalzos
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Cantos na Maré traslada todas as actuacións ao interior do Pazo da Cultura debido á previsión de chuvia
Por Redacción |
-
Cantos na Maré aposta por converterse nun mini encontro cultural das nacións
Por Redacción |
-
O primeiro coro galego, creado polo boticario Perfecto Feijoo, revive no Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Cantos na Maré suma seis bandas ao seu cartel, entre elas Eladio y los seres queridos
Por Alejandro Espiño |