A Deputación oferta obradoiros de poesía no Grove, Baiona e Bueu co mar como elemento común
Por Redacción
'Poesía e Mar' é o título xenérico do ciclo de obradoiros que oferta a Deputación, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, e que terán lugar no Grove, Baiona e Bueu co obxectivo, segundo explicou este xoves o deputado Xosé Leal, "de estender esta iniciativa polo territorio utilizando o mar como nexo común".
Serán o 27 de outubro no Museo da Salgadeira no Grove en horario de 10 a 14 horas, a cargo de Antonio García Teijeiro e co título 'Poemando o mar' ,e o 10 de novembro de 16:30 a 20:30 horas no Estaleiro de Purro de Bueu e impartido por Miriam Ferradáns, coa sesión 'De Brea e Mar'.
Para participar nestes obradoiros, que son independentes entre si, as persoas interesadas deben inscribirse no enderezo info@aelg.org ou chamar ao teléfono 981 133 233 en horario de mañá.
Habilitaranse 25 prazas para cada unha das sesións e a correspondente a Antonio García Teijeiro está especificamente dirixida a profesorado e persoas interesadas no ensino.
Precisamente o poeta e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil participou este xoves na presentación do ciclo xunto con Miriam Ferradáns, tamén poeta e premios Pérez Parallé e Francisco Añón.