Cantos na Maré traslada todas as actuacións ao interior do Pazo da Cultura debido á previsión de chuvia
Por Redacción
As previsións meteorolóxicas para esta fin de semana provocaron que a organización de Cantos na Maré adopte a medida de trasladar as actuacións previstas nas zonas exteriores do Pazo da Cultura ao interior do recinto.
O anuncio de fortes ventos e choivas provocará que todos os espectáculos previstos nos escenarios Ultramaré e Baixamaré vaian levarse a cabo en espazos interiores do Pazo da Cultura.
A organización indica que este cambio provocará algúns cambios "mínimos" nos horarios previstos e alerta ás persoas que xa comprasen as súas entradas que non é necesario realizar cambios. Se alguén desexase devolver estas entradas poderá facelo a través dos mesmos canles nos que levou a cabo a compra.
Os horarios quedarán da seguinte forma no Pazo da Cultura:
Xoves 11
20.30 horas - Auditorio do Pazo: Concerto inaugural de Teresa Salgueiro
Venres 12
20.00 horas - Sala de Conferencias do Pazo: Vudú
20.30 horas - Auditorio: Cesária Évora Orchestra con Lura, Lucibella, Élida Almeida
22.00 horas - Auditorio: Capicúa, Wöyza e Eva Rap Diva
23.30 horas - Auditorio: García Mc "Nación Quilombo", Alejandro Vargas
Sábado 13
20.00 horas - Sala de Conferencias: Os meninos
20.30 horas - Auditorio: Selma Uamusse
21.45 horas - Auditorio: Chico César
23.15 horas - Auditorio: Mercedes Peón
00.30 horas - Auditorio: Throes - The Shine
Domingo 14
20.30 horas - Auditorio: Concerto Clausura: Cantares de Évora, Kepa Junquera e Uxía presentan Ath-Thurdâ
Relacionadas:
-
Cantos na Maré acolle o legado musical de Cesária Évora, a diva dos pés descalzos
Por Diego Torrado & Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Cantos na Maré por Uxía
Por Marisa Ciordia |
-
Teresa Salgueiro abre a edición máis ambiciosa de Cantos na Maré
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Cantos na Maré aposta por converterse nun mini encontro cultural das nacións
Por Redacción |
-
O primeiro coro galego, creado polo boticario Perfecto Feijoo, revive no Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Cantos na Maré suma seis bandas ao seu cartel, entre elas Eladio y los seres queridos
Por Alejandro Espiño |
-
Cantos na Maré ábrese a máis estilos e novos públicos cun renovado festival
Por Alejandro Espiño |