Almofadas veñen e van para pechar o Festival das Núbebes
Por Diego Torrado & Redacción
Unha guerra de almofadas na que participaron nenos e maiores puxo este domingo o broche de ouro á sexta edición do Festival das Núbebes, que se celebrou durante as dúas últimas fins de semana en distintos espazos de toda a cidade.
O escenario do intercambio xeracional e multitudinario de 'almohadazos' foi, un ano máis, a praza do Teucro, que se encheu de diversión.
O Festival das Núbebes ofreceu a pontevedreses e visitantes unha selección de espectáculos das artes escénicas orientados especialmente aos bebés de 0 a 6 anos e as súas familias, pero con programación propia tamén para os profesionais.
Teatro, música, danza, talleres ou animación de rúa sucedéronse desde o 21 de setembro no Teatro Principal, a Casa Azul, a Casa das Campás, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a sede social do Casino Mercantil e a praza do Teucro e fixeron gozar aos máis pequenos da casa e tamén ás súas familias.
Relacionadas:
-
Maxia e un obradoiro de cociña por parte da Asociación Down 'Xuntos', principais novidades da VII edición do Festival Núbebes
Por Almu Dapena |
-
Toca ir despedíndose do Festival das Núbebes
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Comeza o VI Festival das Núbebes, artes escénicas para bebés e familias
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Máis espazos e máis pases para os espectáculos familiares do Festival das Núbebes
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |