Dúas décadas de festival de bandas de música en Barro
Por Redacción
O festival de bandas de música de Barro chega este domingo 30 de setembro á súa vixésima edición coa participación da agrupación musical de Vincios (Gondomar), da Banda Unión Musical de Meaño e dos anfitrións, a Banda de Música Xuvenil de Barro, que acaba de cumprir 25 anos de historia.
A cita será ás 17.00 horas no pavillón polideportivo de Barro e a banda organizadora agasallará aos asistentes cun exemplar do libro Froito dunha ilusión de Celso García Alonso, que recolle a historia da banda nos últimos 25 anos.
Esta edición será a primeira do festival para o novo director da Xuvenil de Barro, Santi Mella García. A organización explica que preparou un esixente e interesante programa para o disfrute do público asistente co obxectivo de que esta importante edición, que conta con agrupacións de referencia na provincia, siga consolidando a cita no mundo das bandas.
A Xuvenil de Barro convida a toda a veciñanza a gozar dunha tarde de boa música co seguinte programa:
Agrupación musical de Vincios (Gondomar):
Don Juan - Juan Daniel Romero
Es Vedrá - José Alberto Pina
Olimpo dos Celtas - Santiago Barreira
A Pepa - José Oro Val (Arrx. Adrián Viñas Alonso)
Director: Adrián Viñas Alonso
Banda Unión musical de Meaño:
Athenaeum -Enrique Alborch Tarrasó
La Gazza Ladra-Gioachino Rossini -(Arr. Gian Luca Gardini)
Los viajes de Magallanes - Tamoro Taroya
Suspiros de España - Antonio Álvarez Alonso
Director: Diego Javier Lorente
Banda de Música Xuvenil de Barro:
Valencia y Limburgo - -Harry Vorselen e Roger Niese
Downey Overture - Oscar Navarro
Give us this day - David Maslanka
Muiñeira da Forxa - Javier González Borrajo
Director: Santi Mella García