Trépia encara o seu décimo aniversario con máis de 100 alumnos na escola de música tradicional
Por Redacción
A praza da Peregrina de Pontevedra acolleu este venres unha demostración baile tradicional que sorprendeu aos viandantes en tanto non formaba parte de ningunha actividade da programación cultural municipal, pero que ten unha explicación moi sinxela. Tratouse da presentación oficial do novo curso na escola de música tradicional da asociación cultural Trépia.
A presentación buscaba achegar o programa deste novo curso e amosar unha pequena mostra do traballo desenrolado nas aulas e desde este colectivo animaron a todas aquelas persoas interesadas na aprendizaxe, promoción e divulgación da cultura galega a compartir con eles o acto organizado.
Os integrantes de Trépia deron a coñecer o proxecto e actividades da asociación e da escola Trépia e indicaron que este curso 2018-2019 é tamén un ano tan especial para eles, pois cumpren xa 10 anos de actividade intensa en prol da cultura galega, con mais de 100 alumnos por curso.
O colectivo quere seguir avanzando e consolidando unha asociación cun proxecto de recuperación, investigación e divulgación do noso patrimonio inmaterial que naceu, viviu e madurou na cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Trépia festexa a xiada polas rúas de Pontevedra cos tradicionais Cantares e Danzas de Reis
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Aña Urbana enche de tradición as rúas da cidade
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Este sábado volverán a resoar no Boa Vila os toques de leghón
Por Redacción |
-
Música e castañas mestúranse no tradicional magosto de Trépia
Por Redacción & Diego Torrado |